
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, participou este mércores na inauguración de Mobalia 2010, que reúne no Ifevi a cen fabricantes do sector dos mobles. Na súa intervención, o nacionalista destacou que a celebración desta feira por primeira vez en Vigo amosa o dinamismo do recinto feiral vigués nestes tempos de crise. |

O piloto galego Alberto Meira ocupou a segunda posición do podio mentres que o piloto alicantino Miguel Fuster conseguiu o terceiro posto |

A rúa do Príncipe ábrese aos vehículos de competición. A céntrica e Peonil máis importante de Vigo converterase durante unhas horas nun espectacular escaparate para todos os afeccionados ao mundo do motor |

66 equipos participan no 46º Rallye Rías Baixas Vodafone Gran Premio Turismo de Vigo. Os principais pilotos que loitan polo título nacional tomarán a saída na proba viguesa mañá 28 de maio ás 20:30 horas na Porta do Sol |

Os afeccionados poderán compartir uns minutos cos pilotos o venres 29 de maio entre as tres e as seis da tarde, xa que durante as verificacións técnicas e administrativas, que se levarán a cabo no IFEVI, pasarán por un set para asinar autógrafos e fotografarse con todo o que o desexe. |